Saltar navegación

[•] Cómo funciona?

A reverberación é un fenómeno físico que acontece constantemente pero que, ao ser menos evidente que o eco, é probable que non te decates con demasiada frecuencia.

Prácticamente todos os sons que escoitamos son a suma do son emitido e o rebote de ese son no material do espacio no que se produce.

De feito co eco é precisamente o que acontece, so que nese caso o rebote se produce en obxectos alonxados e podemos escoitar separado o son orixinal do son rebotado.

No caso da reverb é algo parecido so que ao producirse en espacios máis pequenos o resultado é diferente, pero seguro que se pensas en como de diferente soa a túa voz de falas nunha habitación pequena, nun pabellón ou nun baño darste conta que hai certa diferencia.

Aquí o que facemos é simular ese efecto mediante un proceso dixital. Usamos de novo o noso reproductor de audio que conectamos ao efecto.

 

 

Aquí podes escoller a presencia da sinal orixinal, a presencia do efecto, o tamaño da habitación (canto maior sexa máis sensación de reverberación), a duración (terá máis ou menos cola) e o estereo.

Ata agora traballamos con son en mono pero aquí podemos conseguir que o son teña unha maior amplitude no panorama estereo. Non te preocupes se non tes moi claro esto xa que falaremos en profundidade na seguinte lección. Polo de agora proba a modificar diferentes fontes sonoras e escoita os matices e cambios que se producen.

Tamén temos un interruptor que nos permite encender e apagar o noso efecto para apreciar con máis claridade os cambios que estamos facendo.

Video