Saltar navegación

[•] Cómo funciona?

Neste patch recuperamos o noso reproductor de sons que xa usamos con anterioridade, so que agora imos xogar aplicándolle algo de efecto, neste caso o que se coñece como eco ou delay, en inglés.

Se te fixas o reproductor de audio está conectado a un selector xa que imos trabllar con dous formatos, un que traballa repetindo trociños máis cortos da sinal orixinal e outro que utiliza trociños algo máis longos co que verás que os resultados son algo diferentes.

O primeiro que tes que facer é cargar o audio, seleccionar que eco queres usara e darlle a reproducir a son.

 

 

Se te fixas hai algúns parámetros que podes controlar e que son bastante fácil de entender intuitivamente. "seco" e "fx" permiten controlar se queres que haxa mási presencia do son orixinal ou do efecto resultante. Incluso poderías eliminar un deles se queres que a sensación sexa moito máis drástica.

O "tempo" controla canto espera entre repetición e repetición do anaco de audio sobre o que estemos traballando xa que este proceso bássase en repetir un fragmento. E, quizáis o menos evidente, o "feedback" controla canto tardan en ir degradándose as repeticións ata que deixamos de escoitalas.

Pero o mellor para entendelo é que fagas probas e pronto te farás con él. 

 

Video