Saltar navegación

[•] Cómo funciona?

Se entendeches o anterior este básicamente funciona igual, so que agora ainda é máis sinxelo. Cando queres que empece a gravar basta con pulsar o botón que pon "start", e cando queres que remate pulsas "stop" e verás como aparece o son na matriz para que podas empezar a facer "scratch" con él.

 

 

 

Ata aquí non hai demasidas diferencias co anterior pero se vas á carpeta na que está este patch verás que aparece un novo arquivo chamado "adcsf.wav". O nome "adcsf" é un que vai crear o noso patch por defecto e ".wav" e a extensión deste arquivo de audio sen compresión, un dos formatos máis utilizados.

Pois ben, ese arquivo de audio é o son que acabas de gravar con Pure Data e estará ahí ata que ti decidas borralo.

É importante que teñas en conta que cada vez que graves creará outro arquivo co mesmo nome polo que se non queres que o sobre escriba o ideal é que logo de ter gravado o son e decidido se queres conservalo lle poñas un nome que te permita identificalo.

Tamén tes esta outra versión para a /reproducción de audio externo gravado ao disco duro.

 

Video