Saltar navegación

[•] Cómo funciona?

Agora o que imos facer é traballar con audios que ti podes gravar e reproducir de xeito instantaneo.

O primeiro dos patches é unha adaptación do que utilizamos na lección anterior no que facíamos "scratch" so que eiquí, en vez de usar audios que teñas almacenados no teu disco duro imos gravar os sons axudándonos do micrófono do noso ordenador, ou de calquera outro que teñas conectado a través da tarxeta de audio, para logo poder xogar con él. 

 

 

Como podes ver é todo bastante sinxelo e intuitivo. Primeiro seleccionas o tempo, en milisegundos, que queres que grave e lle das ao botón que ten ao lado.

Cando queiras que empece a gravar basta con que fagas click no botón vermello e se queres que pare antes do tempo que indicaches podes usar o botón gris. Logo verás a onda que representa a dinámica (volumen) do teu audio dentro da matriz.

O ideal é que intentes gravar sempre cun volume medio, é decir, que non sexa tan suave que a penas se escoite, pero tampouco tan forte que sone distorsionado. Se está distorsionado non o poderemos arranxar e terás que gravalo de novo. En caso de que quede algo baixo podemos usar o botón de "normalizar" que aumenta o volume todo o que poida, sen chegar a distorsionar.

Entón pensarás que o ideal é gravar moi baixo e logo normalizalo. Ben, esto non é tan sinxelo xa que se gravas moi suave a relación entre o son que queres gravar e o ruido de fondo que produce o equipo co que gravas é moi pequena e o ordenador non pode diferenciar un son do outro, polo que, cando normalices, amplificará tanto un como outro e a calidade de gravación será moi baixa.

En canto teñas un son gravado, por exemplo a túa voz, proba a mover o cursor do slider e así poderás reproducir a velocidades variables o arquivo cara adiante e cara atrás.

Tamén tes esta outra versión coa que podes /gravar e reproducir audio exterior nunha matriz seguindo un porcedemento similar que tamén vimos na lección de Reproducir Audio.

 

Agora tes un botón máis, reproducir, e co cursor do slider verde poderás escoller onde queres que empece.

Video 1

Video 2