Saltar navegación

[•] Cómo funciona?

Aquí temos algunhas ideas das alteracións básicas que podemos levar a cabo cun arquivo de audio.

O primeiro que tes que facer é seleccionar o arquivo sobre o que imos traballar e xa poemos reproducilo e, se o desexamos variar a súa velocidade.

 

Cos sliders verde e vermello poderás seleccionar o fragmento sobre o que queres traballar e variar a súa velocidade. Se colocas o final antes do inicio poderás escoitar o son ao revés, e se nalgún momento queres voltar á velocidade orixinal só tes que pulsar o botón "reset".

Tamén incluimos aquí o patch /alterando un arquivo de audio 2 que fai algo similar dun xeito diferente e no que está indicado o múltiplo da velocidade. Neste caso sempre se reproduce en loop. Se queres que non o faga terías que poñelo a 0.

 

Por último hai unha versión chamada /alterando audio scratch na que non reproduce linealmente, se non que ti mesmo eres o que pode moverse entre o son conseguindo un efecto similar ao que se produce cando un DJ move un disco de vinilo adiante e atrás sobre o seu plato (turntable).

Proba e xa verás cómo te recorda a ese timbre tan peculiar que se coñece co nome de "Scratch" (rallar).

 

 

Video 1

Video 2

Video 3