Saltar navegación

[•] Cómo funciona?

O noso patch de síntese FM é a versión máis sinxela deste tipo de síntese ao estar formado só por dous osciladores. Non obstante este é o gran potencial deste sistema de síntese sonora que consiste en sumarlle á frecuencia dunha onda as variacións que produce outro oscilador, por eso recive este nome de Frecuencia modulada. Así temos unha onda que é a principal que produce a sinal base e que se chama na linguaxe da acústica onda portadora e a que se encarga de modular a esta e que se chama onda moduladora. Sería co decir que a onda portadora é a que produce a fundamental e a moduladora a que fabrica os armónicos.

A altura que queremos producir a determinamos co número que intorducimos na primeira caixa. Esos serán os seus Hertzios.

 

 

As frecuencias que están por enriba da fundamental poden ser, como xa vimos, armónicos ou inarmónicos. Para controlar esto temos o que se chama índice de armonicidade -que ven sendo a división da frecuencia moduladora entre a frecuencia portadora (A = fc/fm)-. Pero tamén podes romper esta armonicidade modificando a frecuencia de cada onda manualmente e escoita o que acontece. 

Poderíamos ampliar o noso sistema moito xa que, ainda que no sistema máis básico consta de dous osciladores podénse crear máis combinacións engadindo os que queramos tanto na parte de modulación como na parte de portadora, ou mesmo conectar a portadora sobre si mesma.

Tamén podes probar esta outra versión de /síntese de frecuencia modulada con envolventes para facer experimentar con maior comodidade.

 

 

Por último tes un/sintetizador de frecuencia modulada (MIDI) co que poderás enviarlle as frecuecias usando un teclado MIDI conectado ao teu ordenador.

Video