Saltar navegación

[•] Cómo funciona?

Se entendeches que un son de altura determinada se produce pola repetición de ciclos de onda entón entenderás que se collemos un so ciclo, o almacenamos, e o repetimos a diferentes velocidades o que estaremos conseguindo é variar a súa altura. Canto máis rápido o repitamos máis agudo será e canto máis despacio máis grave será.

Ademáis dependendo da forma de onda que teña ese ciclo, do seu deseño, conseguiremos diferentes timbres.

Se non te quedoú moi claro creo que agora o entenderás mellor.

No primero patch da síntese de taboa de ondas podes ver cal é a idea que está detrás desta forma de xerar son.

O que facemos é crear un ciclo de onda que produce o timbre que queremos acadar e logo reproduciremos ese pequeno anaco máis rápido ou máis despacio dependendo da altura á que nos gostaría que soase.

 

 

Tes catro opcións para deseñar ese trociño, ou pequena partícula, coa que produciremos o noso son:

- Podes seleccionar as ondas que xa vimos antes (senoidal, dente de serra, cuadrada ou triangular)

- Tamén podes crear as túas modificando a presencia dos parciáis a man. Para elo podes seleccionar elogo darlle ao botón crear. Nota que o primeiro parcial tamén actúa directamente activando as modificacións polo que podes mover todos os parciáis primeiro e por último axustar a fundamental.

- Podes crear cambios aleatoriamente co botón indicado.

- Podes debuxar a forma de onda a man facendo click nalgún ponto da línea e, sen soltar o botón, mover o rato.

O resto xa o coñeces; activas o son en on/off e podes variar a frecuencia e o volumen nos seus respectivos controladores.

Incluimos outra versión chamado /síntese de taboa de ondas x2 crossfade.

Esta responde a unha evolución chamada Síntese Vectorial ou Síntese Crossfade. Como os sons que se producían con este sistema tan simple eran moi estáticos o que se buscoú foi un xeito de poder modificar o timbre mentras estaba soando. Para esto creanse varias taboas con diferentes formas de onda e se pasa dunha a outra paulatinamente para que o noso oído escoite unha variación no timbre facendo algo parecido ao que se coñece como "morphing".

 

 

Podemos traballar con máis taboas, como por exemplo catro que son as que están implementadas no patch /síntese de taboa de ondas x4 crossfade.

 

 

Pero ainda hai máis! Ahora proba este /sintetizador de taboa de ondas para facer cousas algo máis musicáis.

Video 1

Video 2