Saltar navegación

[•] Cómo funciona?

Para que se produzca son ten que existir unha vibración que nun instrumento convencional provén dunha corda, unha lengüeta, unha membrana, etc.

Cando creamos son con medios electroacústicos, como acontece cando traballas con Pure Data, será a membrana do altofalante, ao que esté conectado o teu ordenador, a que vai producir ese son. Para que ese fenómeno se prouzca temos que decirlle que se mova e cántas veces queremos que o faga por segundo (Hertzios) e no múndo da síntese electrónica eso consíguese cun oscilador.

Neste "patch" estamos traballando cun oscilador de onda senoidal que produce un tipo de son chamado puro formado por unha simple onda sinusoide ou senoidal. Máis adiante veremos que existen outros tipos de osciladores que producen ondas diferentes e máis complexas, e incluso poderemos combinalos para conseguir sons máis complexos e interesantes.

Se abres este primer patch atoparas tres elementos; o oscilador, o botón que activa o son e un osciloscopio.

Facendo click no interruptor on/off e variando o valor do oscilador arrastrando arriba e abaixo poderás escoitar como o son se fai máis agudo e ou máis grave según incrementes ou disminuias, correspondentemente, o seu valor. Lembra que o límite do noso oído está entre 20 e 20.000 Hz.

 

 

 

Se queres ver cómo se comporta a onda que estamos escoitando podes encender o osciloscopio activando a casilla verde correspondente.

 

 

 

Hai dous xeitos de interpretar a traves da representación dunha onda a súa altura. Unha é contando o número de ciclos por segundo, e a outra, que nos pode axudar mirando o osciloscopio é a distancia entre os puntos máis altos, ou máis baixos da onda. Fíxate que cando aumentamos a frecuencia estas se aproximan. Esto quede decir que se producen máis no mesmo tempo, é como se aumentáramos a velocidade nun coche, só que no coche se mide en km/h e aquí en vibracións por segundo.

Video