Saltar navegación

[•] Cómo está feito?

Se te fixas temos conectado o noso xenerador de sons, similar ao que vimos en leccións anteriores, a un obxecto chamado [multiplex~] que permite seleccionar cun [toggle], 0 e 1, se queremos que o son se dirixa directamente á saida de audio sen que lle afecten os filtros (0) ou que se dirixa aos filtros antes de pasar á saida de audio [dac~], neste caso pulsamos no [toggle] e estamos seleccionado a segunda ruta (1).

Para a selección dos filtros tamén utilizamos un [multiplex~] so que agora vai seguido de catro ceros, esto quere decir que vai aceptar catro entradas, e seleccionaremos a entrada que se activa cin [hradio] no que cando seleccionamos o primeiro botón envía o número 0, cando pulsamos no segundo envía o número 1, cando puilsamos o terceiro envía 2 e cando pulsamos o cuarto envía o número 3  -lembra que en puredata práctimanete toso os obxectos empezan en 0-.

Se escollemos que vayan a os filtros entón podemos activar o que queiramos no módulo correspondente. Pasa baixo [lop~] (low pass), pasa alto [hip~] (low pass), pasabanda [bp~] (band pass] ou unha versión máis complexa [vcf~] (Variable controlled filter), que permite que conectemos outro oscilador que modula a frecuencia que escollemos. Pero sobre esto falaremos máis tarde cando cheguemos aos LFO e as modulacións de frecuencia (vibrado) e de volumen (trémolo). Polo de agora abonda con que comprendas que este filtro é moi similar ao anterior pero permite ser modulado por otro filtro.

 

Os valores dos filtros están controlados por números que neste caso son "sliders" configurado nas súas propiedades -botón dereito /propiedades- entre 0 e 127 que son o rango de valores do estandard MIDI. Para convertir esto a volores de frecuencia usamos o obxecto [mtof] (midi to frequency). Podería facerse configurando directemente un "slider" entre 20 e 20.000 pero funciona perferimos facelo así xa qué o cambio entre valores funciona de xeito máis cómodo. Por agora non te preocupes moito desto.

O resto xa te sonará: dos osciladores ou do filtro, según seleccionemos, o son vai a un multiplicador de audio cun [Vslider] entre 0 e 1 e de aí á saida [dac~], ao espectrograma e ao osciloscopio.

Elementos utilizados

OBXECTOS: [lop~], [hip~], [bp~], [vcf~], [multiplex~], [mtof~], caixas numéricas, [hradio], [hslider], [vslider], [*~], [dac~].