Saltar navegación

[•] Cómo está feito?

A primeira caixa que temos permite seleccionar a frecuencia, e se te fixas ben, está conectada á caixa numérica da fundamental (primeiro oscilador) e ás caixas que multiplican o seu valor por 2, 3 e 4 para conseguer os primeiros parciáis armónicos.

Se nos queremos consegues sons inarmónicos o que teríamos que facer é modificar cada caixa de xeito independente e aparecen sons moi interesantes.

Os valores destas caixas numéricas van conectados a os seus respectivos osciladores, senoidáis. Se podería usar outro tipo de osciladores para conseguir outros sons pero a síntese aditiva clásica básase neste tipo de xeneradores, xa que é o son máis sinxelo e permite ter maior control. É decir, non conteñen ningún parcial a maiores, mentras que o phasor ou a onda cadrada son xa sons que incluen outros compoñentes e son máis interesantes para traballar a síntese sustrativa que veremos a continuación.

 



Cada oscilador ten o seu propio volume (entre 0 e 1) e, a súa vez, vai conectado a un volume xeral antes de dirixirse ao espectrograma e ao osciloscopio.

A versión /síntese aditiva con envolventes (interior) é prácticamente o meso, só que inclue dos osciladores máis e o volume de cada parcial non está controlado manualmente, se non que o programamos cun xenerador de envolvente que permite automatizalo.

 

 

 

Se queres profundizar algo máis podes abrir as diferentes partes do patch encapsulado e seguir aprendendo cómo se conectan uns elementos con outros o como está creado o noso sistema de "loop" a partir do obxecto [delay].

 

 

 

Elementos utilizados

OBXECTOS: [osc~], [*], [*~], [envgen], [receive], [send], [Hslider], [line~], [line], [dac~], [bang], [toggle], [delay], [outlet~] e caixas numéricas.

MENSAXES: algunha mensaxe numérica e algunha coa variable $1.