Saltar navegación

[•] Cómo está feito?

Este deseño, que aparece como unha ventá para controlar envolventes faise co obxecto chamado [envgen]. Só tes que crear unha caixa de obxecto e escribir "envgen" dentro e aparecerá como por arte de maxia.

Se te fixas na súa entrada esquerda podemos conectar diferentes elementos (caixas de números, mensaxes e botóns). O botón fará que a envolvente envíe os datos pola saída esquerda.

Xa que pode recibir diferentes tipos de mensaxes imos decirlle que o que lle estamos enviando é a duración. Se queres ver a que outras mensaxes específicas responde este obxecto lembra que podes colocarte sobre él, facer click co botón dereito e escoller "ayuda".


Tamén poderías enviárlle unha mensaxe que fose "duration 3000" (3 segundos), ou "duration 500" (medio segundo), pero teríamos que crear moitas mensaxes diferentes, polo que para casos como este en Pure Data é moi útil creando variables, que xa introducimos cando falamos do volume. Podemos crear varias usando o símbolo "$" acompañado por un número, neste caso "$1". Este valor se sustituirá polo que entre.

 

 

Así se, por exemplo, temos a forma da nosa envolvente como aparece por defecto esto lle dirá a [line~] que incremente números de 0 a 1 en medio segundo y de 1 a 0 no medio segundo restante, e nos aproveitamos para multiplicar esto pola entrada de audio e así controlar o volumen.

Se te fixas este volumen non vai directamente ao [dac~] se non que conservamos o noso vello [Vslider]. Esto é para ter máis control sobre o volumen final. Sería algo así como ter un volumen relativo que produce a envolvente e un absoluto que é o que enviamos ao altavoz. Deste xeito, ainda que a envolvente esté enviando como máximo 1, ese volumen é relativo ao que nos lle marquemos como tope no nodo volumen feral. Se está en 0.5 entón o máximo que enviara o envelope é 0.5.

Tamén temos outra versión deste patch no que a /duración+envolventes con line~ está controlada por números. Vótalle unha ollada e verás porque o uso do [envgen] facilita esta tarefa.

 

 

Elementos utilizados

OBXECTOS: [osc~], [*~], [dac~], [loadbang], [envgen], [bang], [line~], caixas númericas, [Vslider]

OUTRAS OPCIÓNS: tamén existen os obxectos [ead~], [ear~] e [eadsr~]para xenerar envolventes que responde a valores numéricos.

MENSAXES: na envolvente temos a mensaxe que "duración" acompañada dunha variable, os valores que serven para resetala e varias mensaxes numéricas para controlar outros obxectos.