Saltar navegación

[•] Cómo está feito?

Básicamente o que fixemos neste patch é ampliar o tipo de osciladores incluindo outros obxectos que producen formas de onda diferentes. Ata o de ágora só usamos [osc~] para crear ondas sinuosoidales debuxando un traxectoria de 0 a 1 facendo un arco para logo descender ata 0 de novo e continuar debuxando a función inversa de 0 a -1 e regresar a 0, o punto medio rematando un ciclo.

Estas son as oscilacións báscias que se utilizan.

[Fonte: http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Waveforms.png?uselang=es] 

Outra forma de onda moi popular e [phasor~] na que os movementos son liñas que van de 0 a 1, é decir; que ascende rápidamente dende 0 a 1 para caer rápidamente. Este novo oscilador crease dentro dunha caixa de obxecto na que escribimos "phasor~" coa virgulilla, xa que se trata dun elemento que produce son.

O ruido branco crease do mesmo xeito pero escribindo [noise~], e o ruido rosa con [pink~].

Ademáis temos os "bangs", ou botóns que envían, ou disparan -de ahí o de "bang"- un número 1 cando o presionas.

Cada botón está conectado a mensaxes que envían o seu valor tan pronto como pulsamos nelas ou tan pronto como alguén de fora lle manda un número 1, neste caso o "bang".

 

 

 Cada bang está conectado a unha mensaxe (0, 1, 2, 3 e 4) que van a outro obxecto que se chama [multiplex~]. Este crea tantas sinais de audio -por eso leva a virgulilla-, como ceros poñamos a continuación e dependendo o número que lle enviemos enviará pola súa saida a primeira entrada (0), a segunda (1), a terceira (2)...

É importante que entendas que neste tipo de obxectos en PD a cadena de números sempre empeza co cero, por eso a primera saída ten asignado o número 0 e non o 1.

Así se pulsamos o "bang" azul este activa o mensaje 0 e [multiplex~] deixa pasar o son do [osc~] que está conectado na entrada 1. Se pulsamos o verde este deixa pasar o son que entra pola dous, neste caso o [phasor~], e así o mesmo co ruido branco e o rosa.

A continuación pasa polo control de volume e finalmente chega á saida, [dac~], que converte de dixital a analóxico que xa coñeces.

Na versión dous engadimos algún oscilador máis que se crea de xeito complexo, e decir, partido dos obxectos anteriores, principalmente do [phasor~], e aplicando operacións matemáticas para darlle unha nova forma  e así conseguir novas timbres. Esta técnica coñécese como Wave shaping.

Se queres indagar e ver como están feitos so tes que abrir o patch encapsulado poñerte enriba da parte das ondas facer click co botón dereito e escoller "abrir" e dentro pulsar nos obxectos [pd quad] e [pd triang].

Elementos utilizados

OBXECTOS: [osc~], [phasor~], [noise~], [pink~], [multiplex~], [*~], [dac~], [bang], caixas numéricas.

MENSAXES: números para controlar o [multiplex~]