Saltar navegación

[•] Cómo está feito?

Nos patches anteriores a sinal do oscilador que entraba estaba multiplicada por 0.5, [*~ 0.5], o que ven sendo como dividila pola metade.

Ao estar multiplicada por esta constante non podíamos variar o volume. Agora colocamos un obxecto visual que representa un deslizador virtual e que se coñece como slider. Para poñer estes obxectos virtuáis tes que estar en modo edición (menu Edit/Modo edición) e logo vas ao menu /Poner e escolles [vSlider], deslizador vertical, ou [hSlider], se o prefires horizontal.

 

Como o máximo volume co que traballa puredata é 1 temos que decirlle ao oscilador que ese é o seu tope. Para conseguir esto facemos click co botón dereito sobre o noso slider e escollemos propiedades e, na ventá emerxente, seleccionamos os nosos límites (0-1) para "fondo" e "arriba". É importante que teñas en conta que por encima de 1 se produce unha distorsión molesta xenerando unha sinal moi alta coa que tes que ter coidado para non dañar nin o equipo de son que utilices nin os teus oídos.

 

 

Agora, cando subimos o slider incrementa o número polo que se multiplica o son ata chega a 1 onde o oscilador envía toda a súa potencia. Fíxate que o volumen que envía o slider está en RMS e para poder velo en dB creamos un obxecto que converte de rms a db, [rmstodb].

Se te fixas ao mover o slider podense escoitar pequenos sons que parecen clicks. Esto é porque estamos cambiando os valores do volumen a saltos, e dixitalmente se xenera unha discontinuidade. Se queremos solucionar esto podes usar esta outra versión do patch algo máis elaborada /volume sen clicks.

 

 

O obxecto [line~] traza un recorrido lineal entre dous valores. A forma máis sinxela de decirlle esto é enviarlle unha mensaxe na que lle indicamos a que valor ten que chegar e en cantos milisegundo debe facelo.

Se, por exemplo, está en 0 poderíamos enviarlle unha mensaxe con un 0.5 e un 50 e se movería ata 0.5 en 50 milisegundos. O que nos fixemos é que cada valor que envía o "slider" non se alcanza de súpeto, se non que se chega a él dende o valor previo movéndose con continuidade eliminando así os clicks.

Para que o primeiro valor da nosa mensaxe sexa variable utilizamos esto "$1" que non é un número, se non que toma os números que entran na mensaxe e envía os dous valores xuntos, neste caso ao [line~].

Elementos utilizados

OBXECTOS: [osc~], [*~], [dac~], [rmstodb], [vslider], [line~], caixas numéricas. 

OUTRAS OPCIÓNS: tamen podes usar o obxecto [vol~] ou o obxecto [output~] que contén un volumen e un mute on/off.

MENSAXE: aquí usamos un novo tipo de mensaxe con dous valores, un variable e con outro fixo.