Saltar navegación

[•] Cómo está feito?

Aquí usamos un novo obxecto chamado [key] que devolve o número correspondente a cada tecla. Fíxate que este obxecto non leva a virguliña porque non ten que producir audio, só fai unha operación que amosa datos.

O que fixemos a continuación é crear outro obxecto que se chama [select], ou [sel] se o prefires, que envía o número pola saída correspondente.

Por exemplo, cando tocas a tecla "z" recibe o número 122, que é o seu valor en código ASCII, e o envía pola saida que se corresponde con ese número, que, neste caso, é a primera. Esta, á súa vez, está conectada coa mensaje 261.626 e entón soa a nota Do. Se tocamos "x" o envía pola saida 2 que responde ao valor 120 e entón activa a mensaxe 293.665 que equivale en Hertzios á nota Re, e así consecutivamente.

Ademáis para evitar que o son siga sonando cando soltamos a tecla facemos uso do obxecto [keyup] que nos avisa cando levantamos unha tecla. A sinal que envía está conectada a unha mensaxe co valor 0 e así cando levantamos a man envía a frecuencia 0, é decir, que non sona xa que o altavoz non se move.

Na caixa que está a continuación do obxecto [key] podes ver o valor de cada unha das teclas que toques e asignarlle novas mensaxes. Só tes que entrar no modo de edición (menu Editar/Modo edición), editar os valores de [select] e crear mensaxes con valores novos e desactivar o modo edición.

 

Elementos utilizados

OBXECTOS: [osc~], [*~], [dac~], [key], [keyup], [bang], [select], caixas numéricas.

MENSAXES: varias mensaxes con valores numéricos fixos.