Saltar navegación

[•] Cómo está feito?

Para conseguir valores exactos na caixa numérica poderíamos escribir a cifra e darlle a enter, pero esto non é moi operativo se o que queremos é cambiar rápido entre uns valores e outros. Para facer esto dun xeito máis sinxelo podemos utilizar as caixas de mensaxe nas que podemos almacenar valores.

Se te fixas estas mensaxes están conectadas á nosa caixa numérica para que poidas ver cómo cambia o valor que se envía ao oscilador, pero non sería preciso, poderíamos conectar directamente a mensaxe ao oscilador.

 

 

Outra opción a medio camiño é ter varias caixas nas que poidamos introducir valores e logo envialos cun obxecto visual que se chama [bang] e que ven sendo como un botón. Cando o pulsamos dille á caixa numérica que envíe o valor que ten asignado.

Elementos utilizados

OBXECTOS: [osc~], [*~],  [dac~], [bang], caixas numéricas

MENSAXES: neste caso para enviar unha frecuencia fixa ao noso oscilador