Saltar navegación

[•] Cómo está feito?

Para crear este efeecto en Pure Data poderías crear algo similar ao que fixemos co noso eco pero facendo que as repeticións fosen máis cortas e conseguir un efecto similar ao da reverberación. Podes probar esto na primeira das opcións que aparecen no noso patch.

 

 

Pero o Pure Data extended facilítanos a nosa tarefa incluindo algúns obxectos que se encargan de simular esto para poder traballar máis cómodamente.

O obxecto máis típico que se utiliza e o chamado [freeverb~]. Podemos conectar calquera sinal de audio e controlar como se aplica o efecto utilizando unha serie de mensaxes específicos como "romsize" (tamaño da habitación), "wet" (cantidade de efecto), "dry" (cantidade de sinal orixinal), "damping" (prolongación)... Se fas click co botón dereito do teu rato no obxecto e escolles a opción de ayuda poderás ver outras mensaxes interesantes.

Para controlar as mensaxes usamos uns [Hsliders] que modifican o valor que representa a variable "$1".

 

Se te fixas o noso obxecto [freeveb~] ten dúas saidas xa que pode emitor son estereo enviando variacións da reverberación a ao altavoz esquerdo e ao dereito para así dar unha sensación de amplitude. Pero polo de agora aquí vamos a seguir traballando en mono. Na seguinte lección xa verás do que estoú falando.

Elementos utilizados

OBXECTOS: [demux~], [Hradio], [send~], [receive~], [+~], [-~], [*~], [delread~], [delwrite~], [throw~], [catch~], [line~], [dac~], [freeverb~], [Vslider], [Hslider], [toggle] e caixas numéricas. 

MENSAXES: roomsize, dry, wet, damping, bypass para controlar [freeverb~] e variables.