Saltar navegación

[•] Cómo está feito?

Aquí temos varias versión do noso eco para que entendas como está construido en Pure Data. Verás que, no momento que entendes o seu funcionament e lóxica, é doada que construas os teus propios sistemas.

O que facemos é conectar o noso reproductor de audio que xa vimos a un slector construido co obxecto [demux~] ou [demultiplex~], poderías escribilo tanto dun xeito como outro.

Este fai o contrario dun que usamos antes que se chamaba [multiplex~], é decir; entra unha soa entrada pero pode dirixirse a diferentes saidas que aquí seleccionamos cun [Hradio] que temos configurado nas súas propiedades de 0 a 3. Así cando pulsamos a primeira casilla envía "0" e o [demux~] envía o audio pola primeira saida.

Esa saída ten un [send~] que enviará o son ao efecto correspondente, neste caso o noso "delay1".

 

 

En Pure Data os ecos básanse na utilización de dous obxectos, un que almacena un trozo de audio [delwrite~], escribindo "delay", e outro que o reproduce, [delread~], leendo "delay". O argumento que leva o [delwrite~] é o máximo tempo que vai almacenar do audio orixinal, neste caso 3000 milisegundos, e non é variable, mentras que o argmneto que leva o [delread~] é canto vai a esperar antes de repetirlo e este si que é variable e podemos modificalo cunha caixa numérica.

Para que o efecto funcione temos que mezclar a sinal orixinal coa sinal en eco polo que sumamos ambas usando o obxecto que xa coñeces [+~].

Despoís esto está unido á obxecto [throw~] que lanza o audio por unha ruta inalámbrica á que aquí lle damos o nome de "dac" e que irá dirixida ao obxecto [catch~] que teña o mesmo nome.

Este é un xeito similar ao de [send~] e [receive~] que permite enviar varias sináis a un único receptor.

Se te fixeches ben neste primeiro patch o noso son se repite pero o son que produce é algo artificial. Unha técnica moi utilizada con este tipo de efectos para acadar un son que despoís de repetirse varias veces vaia morrendo é o que se chama "feedback" o que significa retroalimentación.

Este proceso consiste en facer que a sinal que sae con eco volva a entrar no [delwrite~] co que despoís da primeira repetición vanse producindo outras repeticións pero cada vez máis suaves. É decir, alimentamos de novo, retroalimentamos, o noso eco coa sinal que el mesmo devolvem de ahí o nome deste proceso.

Esto o podemos controlar usando un volume na saida do [delread~] co onxecto [*~].

Co feedback tes que ter cuidado porque pode chegar a crear tanta retroalimentación, se nos pasamos de volumen, que bloquee o audio do noso ordenador.

 

 

A seguinte opción é similar pero o temos configurado para traballar con trozos de audio moito máis cortos. Fíxate que o argumento do [delwrite~] pasoú de ser 3000 milisegundo a ser 20 e os resultados que conseguimos son diferentes. Proba a ver qué acontece.

 

A cuarta opción é similar so que en lugar de usar o [delread~] utilizamos un obxxecto chamad [vd~] que da mellor rendemento xa que traballa a maior resolución polo que o controlamos cunha sinal máis rápida que se crear cun [sig~].

 

Por último é probable que te preguntes por qué certos nomes quer aprecen nestos obxectos van precedidos pola variable "$0-". Esto dille a puredata que cada vez que abramolo patch sustitua ese "$0-" por un número aleatorio de tal xeito que se queremos abrir dúas veces o mesmo patch non cree conflictos. Esto acontece a menudo e pode dar problemas. Deste xeito asegurámonos que non acontezan duplicidades.

Elementos utilizados

OBXECTOS: [Hradio], [demux~], [send~], [receive~], [delwrite~], [delread~], [+~], [throw~], [catch~], [line~], [*~], [dac~], [/], [vd~], [Vslider], e caixas numéricas. 

MENSAXES: mensaxe variable para controlar o volume con [line~]. Tamén utilizamos "$0-" como un prefixo que lle indica a Pure Data que cree un número diferente, a modo de índice, cada vez que abrimos o patch.