Saltar navegación

[•] Cómo está feito?

O proceso polo que está feito este patch é moi sinxelo.

Para conseguir este efecto o que facemos é multiplicar o son que entra por outro oscilador senoidal que fai que oseu volume se vexa alterado seguindo as oscilacións que este lle marca.

 

 

Se utilizamos o oscilador tal cal as oscilacións se farán entre -1 e 1 e este proceso dará lugar a unha Modulación en Anel pero semqueremos manter a alteración do son dentro do ámbito da intensidade é máis interesante que o noso oscilador só se mova entre 0 e 1.

Para esto sumámoslle 1 e pasa a moverse entre 0 e 2 e se o dividimos entre 2, ou o que é o mesmom o multiplicamos por 0.5, entón temos un movemento continuo entre 0 e 1 cuia velocidade controlamos co noso oscilador.

A continuación usamos o volume xeral antes de darlle saida polos nosos altofalantes.

Elementos utilizados

OBXECTOS: [osc~], [+~], [*~], [mux~], [line~], [dac~], [Hradio], [trigger],[dac~] e caixas numéricas.

MESAXES: mensaxe con variable para controlar.