Saltar navegación

[•] Cómo está feito?

Neste patch o primeiro que temos é un ha frecuencia que é enviada a os dous osciladores mediante os obxectos [send] e [receive] para facilitar a claridade de conexións e evitar o uso de demasiados cables.

Esta frecuencia checa tanto á onda "portadora" como á "moduladora" onde se establece unha proporción de armonicidade multiplicando por un índice o número que chega establecendo unha relación entre ambos.

O "índice de armonicidade" é importante xa que establece unha relación proporcional asegurando que os armónicos que se producen manteñen unha coherencia. Pero pode que en ocasións nos interesen sons máis curiosos onde non se respeta esta armonicidade. Podes experimentar cambiando as frecuencias de unha e outra onda sen respetar estes índices e alterando directamente a súa altura.

 

 

E a partir de aquí é onde acontece a maxia; a frecuencia da "portadora" se suma á saida do oscilador da "moduladora" sendo e este o corazón da síntese FM sumando a frecuencia principal gran cantidade de armónicos. Se a frecuencia de modulación é moi baixa o que escoitaremos será máis un efecto tembloroso que se coñece como Vibrato, pero cando empezamos a incrementar os valores o efecto se convírtese en timbre.

A continuación xa sabes o que ven. Un multiplicador co que controlamos o volumen xeral do proceso de síntese e que está conectado a un Osciloscopio e a un Espectrograma para axudarte a comprender o que estás escoitando.

Tamén verás que temos un obxecto chamado [loadbang~], asúa función é moi sinxela pero moi útil e consiste en disparar un 1 que podemos utilizar para activar o que queiramos en canto se abre o patch, sen necesidade de tocar nada.

Tamén tes esta versión da /síntese de frecuencia modulada con envolvente que é básicamente unha variación que permite controlar os índeces de modulación de xeito dinámico.

 

Elementos utilizados

OBXECTOS: [osc~], [send], [receive], [envgen], [vslider], [*~], [*], [line~], [dac~], [loadbang], caixas numéricas

MENSAXES: usamos unha mensaxe coa variable "$1" e 50 conectada ao obxecto [line~] e así poder facer rampas entre valores descontinuos e evitar clicks cada vez que variamos o volume