Saltar navegación

[•] Cómo está feito?

Aquí podes ver cómo está feito este primeiro sistema sonoro sinxelo e introducirte pouco a pouco na programación de audio con Pure Data.

O corazón do noso oscilador está formado polo obxecto [osc~]. E dicir, creamos unha caixa "obxecto" dende o menu "poner" e escribimos dentro "osc~". Os obxecto que están encargados de producir son ou que funcionan a unha velocidade maior levarán sempre unha virgulilla "~".

O noso oscilador vai precedido por unha caixa numérica na que podes variar os valores que lle queres asignar. Se te fixas a cor do cable que entra a a cor do cable que sae son diferentes. O primeiro envía datos e o segundo xa envía o son.

Para escoitar o resultado bastaría con conectar esto ao obxecto [dac~], que significa Digital to Analogic Converter, é decir, é un obxecto que converte o son dixital que está produciendo o [osc~] a son analógico que sae pola tarxeta de audio do noso ordenador e chega aos altavoces.

Fíxate que está conectado a dúas entradas. Esto quere decir que sae polos dous altofalantes, o que se chama stereo e é o sistema de reprodución máis habitual. Máis adiante falaremos algo máis sobre esto. Se queres podes probar a desconectar un dos cables e verás cómo só se escoita por un lado. Para esto basta con que entres en modo edición, selecciones o cable e lle des a borrar.

Entre o [osc~] e o [dac~] nos creamos outro obxecto e facemos unha multiplicación para que non soe a todo volume.

É decir, todo o audio que sae so oscilador é multiplicado [*~] por 0.5, o que sería o mesmo que dividilo a metade. De feito poderías utilizar no seu lugar [/~ 2] pero se usa normalmente a multiplicación cando é posible porque no ámbito da computación sempre consume menos recursos.

Importante!: 1 é o máximo volumen que pode producir o ordenador sen que distorsione.Ten moito coidado con esto porque podes dañar os teus oídos se traballas con volume moi alto.

Proba a cambiar 0.5 por 0.25 entrando en modo edición e veras un cambio no osciloscopio ¿verdade? Estamos cambiando o volume, ou intensidades, pero sobre esto volveremos máis adiante.

 

 

Elementos utilizados

OBXECTOS: [osc~], [*~], [dac~], caixa numérica