Saltar navegación

[ Alterando audio ~ ]

 

Na sección anterior vimos cómo reproducir audio, cómo seleccionar un fragmento en tempo real e cómo facer que se repita en bucle. Pero estas posibilidades son bastante limitadas á hora de conseguir que o son do que partimos se convirta nalgo novo e interesante.

Gracias aos ordenadores e á súa capacidade de procesamento a cantidade de modificacións ás que se pode someter un arquivo de audio son moitas e aquí imos centrarnos nalgunhas das máis básicas para conseguer novas tímbricas a partir dun son base.

Seguro que algunhas as recoñecerás en canto escoites os resultados xa que se usan en certos estilos de música e na creación de algúns efectos sonoros que se utilizan no cine.