Saltar navegación

[•] + coñecementos

Este parche permíteche un control independente do volume e da altura que poderás xestionar simultáneamente. É de feito un instrumento virtual. Un instrumento similar (ten as mesmas características) é o theremin que foi inventado en 1919 por un enxeñeiro ruso Leon Termen.

Constaba cunha caixa e dúas antenas, unha para o volume e outra para a altura,  que se podían controlar achegando e afastando a man (de cada unha das antenas claro está)sempre sen chegar a tocalas. Falamos en pasado pero trátase dun instrumento que continúa a gozar de popularidade hoxe en día, estúdase en moitos conservatorios e incluso xera literatura musical específica.

Esto introduce unha reflexión sobre o potencial do programa que estamos a empregar. Realmente o que facemos cun programa de síntese coma Pure Data é deseñar instrumentos musicais. Instrumentos que teñan as características sonoras que desexes. Sómentes as túas limitacións matemáticas e ou científicas poden ser un impedimento nesa investigación musical personal. Debes saber sen embargo que con elementos moi rudimentarios como os que che estamos a propoñer podes xerar música certamente interesante.

Coma no caso do theremin, a procura de novos timbres e as posibilidades que ofrecía a electrónica deu a luz unha constante aparición e perfeccionamento de novos instrumentos cunha historia indefectiblemente ligada ós nosos tempos. Un resumo desa historia pode realizarse a partires do coñecemento dos sintetizadores (sintetizar e crear novos sons). Propoñémosvos agora un breve percorrido por algúns dos máis significativos e populares sintetizadores da historia a partires da información que aparece nas mois recomendables páxinas de logic pro e do noso amable reptil.

 Aquí vai unha relación dos contidos que atoparás de te animas a navegar nas entradas que che propoñemos:

 

precursores

para ser tocados en tempo real

1896 - O telarmónio de Thaddeus Cahill

1919- O Theremin de Leon Termen

1928 - Ondas Martenot

1930 - O trautonio de Trautwein e Sala

1945 - Sackbut de Hugh Le Caine

 xeradores de son electrónico e secuenciadores

1929 - Sintetizador Coupleux-Givelet

1956 - Mark I de Harry F. Olson e Herbert Belar

 

controlado por voltaxe

exclusivos e inaccesibles

 1964 - primeiro prototipo de Robert Moog

 1966 - Donald Buchla

compactos e baratos

 1970 - Modelo D Minimoog

 

varias voces

creando polifonía

1975 - O Moog Polymoog de David Loce: 71 teclas sopesadas e sensibles á velocidade

 1973 - O Modular Keyboard System Series 4050 de E-MU Systems

problemas de almacenaxe

1975 - GX1 de Yamaha

1978 – Prophet-5 de Sequential Circuits/ 40 ranuras de memoria

 

sintetizadores dixitais

primeiro programa de síntese dixital: 1957 - Music I de Max Mathew

secuenciando eventos: 1971 - o secuenciador dixital no Synthi 100 de EMS

creando parcialmente o son: Harmonic Synthesizer monofónico de RMI

creando o son completamente

1976 - Synclavier de NE: procesadores específicos

1990 - DPM-3 de Peavey: Procesadores de computadores comúns ou procesadores dixitais de sinal (DSP)

periféricos de computadoras: o Soundchaser de Passport e o alphaSyntauri de Syntauri

sintetizando software