Saltar navegación

[•] + coñecementos

Como recordarás do anterior parche en todos os fenómenos vibratorios nos que percibimos algún xeito de altura existe un patrón de repetición constante. Dado que algo —neste caso un ciclo do movemento da onda— estase a repetir continuamente, podemos medir a porcentaxe desa repetición (repítese 1, 2, 3, 4... veces cada tanto tempo). Esa porcentaxe recibe o nome de frecuencia e está íntimamente relacionado coa nosa percepción do grave ou agudo que é ese son.

 

Medición física e percepción

Pero unha cousa é un cambio físico e outro a súa perceción. Coma sucede co volume que estudaremos máis adiante, a frecuencia é unha medición física que se relaciona dun xeito especial coa nosa percepción de altura. Porque aínda que a altura está directamente relacionada coa frecuencia, non son o mesmo.

  • A frecuencia é un fenómeno físico ou acústico
  • A altura é un fenómeno relacionado coa percepción (psicoacústica, cognitiva ou psicofísica) na que interveñen moitos factores

 

Altura e timbre

O timbre é un dos factores que interveñen na nosa percepción de altura. Por iso cando escoitamos a un instrumento grave facer un son moi agudo e á inversa a un instrumento agudo facendo un son moi grave esto pode desorientarnos. Podemos creer que o do instrumento grave sexa máis agudo aínda que o seu número de Hz sexa estrictamente igual ou incluso menor.

Nun instrumento de corda frotada como o violín podes comparar a diferente sensación de altura que produce o mesmo son tocada nunha corda grave e nunha aguda... non tes a sensación de que tocada na corda grave é máis aguda?

 

 

 

Mesma sensación de altura en diferentes rexistros

O gráfico azul mostra o aumento lineal das frecuencias, a partir de 110 Hz (un LA). O gráfico de cor vermella mostra unha serie de oitavas a partir do mesmo punto 110 Hz. Na escala occidental de sete sons a oitava sería o derradeiro son que inicia outra repetición da secuencia. A nivel de frecuencias a oitava dun son atópase no dobre da frecuencia de referencia.

 

DO RE MI FA SO LA SI DO RE MI FA SO LA SI DO RE MI FA SO LA SI DO RE MI FA SO LA SI DO RE MI FA SO LA SI
110 Hz
220 Hz
440 Hz
880 Hz
1750 Hz

 

1760

1760

 

 

 

 

 

1650

1540

1430 

1320

1210

1100

990

880

880

 

 

770

660

550

440

440

330

220

220

110 110

progresión lineal de frecuencias

percepción da mesma sensación de altura

 

Como puideches observar cada nova oitava é dúas veces maior que a anterior.

Dicimos que as frecuencias no gráfico azul aumentan linealmente, porque para chegar a cada nova frecuencia simplemente sumamos 110 Hz á última frecuencia: o cambio de frecuencia é sempre o mesmo. Sen embargo, para obter oitavas debemos duplicar a frecuencia, o que significa que a diferenza entre dúas oitavas adxacentes a nivel de frecuencia é sempre crecente. Requírense cada vez máis e máis cambios na frecuencia para producir un cambio de percepción similar na altura.

 

As oitavas

A maioría dos seres humanos tendemos a organizar o espectro de frecuencias entre 20 Hz e 20 kHz en oitavas, simplificando isto poderíamos dicir que escoitamos en oitavas ou en potencias de 2. Así que percibimos a mesma diferenza de altura entre 100 e 200 Hz, que entre 200 e 400 Hz, 400 e 800 Hz, e así sucesivamente. En cada caso, a relación das dúas frecuencias é 2:1 e chamámoslle percepción logarítmica en base-2. Moitos teóricos cren que a oitava é dalgunha maneira fundamental, ou innata e cableada, na nosa percepción, pero isto é difícil de probar. Certamente é común en todo o mundo, a pesar de que se tolere unha gran cantidade de aproximación, e incluso moitas veces se prefira!