Saltar navegación

[•] + coñecementos

MEU.PRIMEIRO.SON é un dos máis sinxelos patches [pequeno programa informático] cos que podemos crear sons en música electrónica. Ofrece tres opcións de manipulación:

Podes conectar ou desconectar os recadros verdes:

  • Pulsando en son on/off activas o procesado dixital de son (digital sound processing ou dsp en inglés) —é dicir indícaslle á computadora que transforme os valores numéricos cos que opera en son [ veremos todo isto máis adiante]— Só pulsando poderás oir os sons (sempre e cando teñas o altofalante conectado e acendido e a suficiente volume).
  • Pulsando no osciloscopio tes a opción de visualizar a forma de onda do son creado. O osciloscopio sirve precisamente para iso, permite visualizar unha sinal continua no tempo e descobrir así a súa imaxe gráfica.

Por último atoparás un recadro malva,e dentro del un pequeno rectángulo recortado cun número dentro e o símbolo HZ (a abreviatura de Hercios). Trátase dun recadro numérico. En modo execución (punta de frecha) podes introducir números —clica enriba, escribe un número e dalle a intro— ou ben pulsar dentro e mentres mantés clicado o cursor deslízarte hacia arriba e abaixo cambiando o fluxo numérico.