Saltar navegación

((((( [ • ] )))))

A finalidade deste material é facilitar o achegamento, tanto de alumnos como de profesores, ás tecnoloxías dixitais e ás estéticas musicais contemporáneas e experimentais a partir da creación e manipulación de obxectos sonoros dixitais.

Preténdese dar a coñecer, dende dentro e partindo sempre dun enfoque práctico, as estéticas e xéneros principais das músicas nas que interveñen os medios electrónicos e as computadoras: música electroacústica, música mixta, música xenerativa, música para soporte fixo música electrónica, electrónica en tempo real...

Empregaremos principalmente, o sistema de programación visual de audio libre, aberto e multiplataforma Pure Data. Con este programa e a través dos distintos titoriais poderás acceder a un coñecemento básico do audio e a composición dixital. Ademáis de Pure Data tamén recurriremos a outros programas como Audacity e Jack para engadir máis versatilidade ao aprendizaxe e enriquecer o proceso creativo.

Na sección descarga poderás baixarte os programas que precisas para comezar a traballar.

Os contidos que propoñemos están dirixidos ó alumnado de Música en toda a etapa de Secundaria e tratan, de xeito transversal, contidos de Historia da Arte, Matemáticas e Física da mesma etapa educativa.