Galego Español English

As cidades invisibles

Mai 23, 2015 by     No Comments    Posted under: Concertos

As cidades invisibles
Martes 26 de Maio ás 20.30 h. Fundación Luis Seoane A Coruña
con Fernando Palacios (divulgador RNE)
Colaboran: Asociación RevelArte, 4+1 Piano Ensemble, Conservatorio Superior de Música de A Coruña e Fundación Luis Seoane

As Cidades invisibles

PROGRAMA:
Prólogo.
Iago Hermo
(Rianxo, 1992) Escenas I, II e III interpretadas por 4+1 Piano Ensemble

Mauricio Pauly (Costa Rica, 1976) Apartamento Polsen Apartamento Peterson (2011) saxofón, cello e piano
Bernardo Barros (Brasil, 1980) Spill (2014) saxofón, cello, piano e percusión
Stefan Beyer (Alemaña, 1981) Mittel und Zwecke – Boulevard (2014) saxofón, acordeón, contrabaixo, guitarra, piano, percusión

Creo que escribín algo como un poema final de amor ás cidades, cando é cada vez máis difícil vivilas como cidades”. Así describía Italo Calvino o seu libro As cidades invisibles nunha conferencia pronunciada en inglés o 29 de marzo de 1983 para os estudantes da Graduate Writing Division da Columbia University, de Nova York. O pedagogo, presentador, divulgador e compositor Fernando Palacios sempre sentiu unha especial identificación con este libro: “Xa a primeira vez que o lin, vin nel propiedades moi singulares que ningún outro libro me ofrecía. Calvino fai escasas referencias á música; con todo, en sucesivas lecturas ningún outro libro espertou en min máis inquedanzas, ningún excitou máis a miña cabeza á procura de temas e actividades para achegar a música a públicos desconectados”, confesaría nunha sesión monográfica do programa radiofónico El oído atento.

Nesta sesión visitaremos cidades imaxinadas que poden “ser vistas e oídas como pura música”; achegarémonos á figura de Calvino, pero tamén a outros escritores, como o xaponés Yasunari Kawabata; e escoitaremos música con Fernando Palacios, que actuará como mestre de cerimonias.

4+1 PIANO ENSEMBLE
Elena Rodríguez García/ Iago Hermo/ Rosalía Becoña/ Daniel Chaves Cores

VERTIXE SONORA ENSEMBLE
Pablo Coello, saxofón / Celia Adrián, acordeón / Thomas Piel, cello / Carlos Méndez, contrabaixo / Rubén Barros, guitarra / David Durán, piano / Diego Ventoso, percusión

Sobre as obras e os compositores

IagoBarros

PaulyBeyer

Iago Hermo, Bernardo Barros, Mauricio Pauly e Stefan Beyer

Iago Hermo (Rianxo, 1992). Pianista, compositor, improvisador, director, mestre e escritor. Reflexiona sobre a estética e a tradición que rodea o mundo da arte sonora. Desenvolve unha actividade solista, complementada coa súa participación en agrupacións camerísticas e sinfónicas, ou como pianista acompañante. Destaca aquí a Banda da Escola de Música de Rianxo, a Banda Municipal da Coruña, a Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas, o Ensemble IXOR e, xa no ámbito camerístico, o 4+1 Piano Ensemble, do que é membro fundador e director. Escenas I II III (2013) é un conxunto de tres miniaturas, escritas para cuarteto de pianistas nun piano de cola, que buscan afondar nos recursos sonoros que o instrumento nos permite explotar.

Mauricio Pauly (Costa Rica, 1976). Apartamento Polsen Apartamento Peterson, o título da obra sitúa un fragmento do conto ‘En aquel país. Neste país’, de Yasunari Kawabata, na fotografía ‘A view from an apartment’ de Jeff Wall como posible escenario. O fragmento di:

Takako, sen embargo, foi incapaz de ler co mesmo desapego outra das historias de ‘En aquel lugar. Neste país’. A columna describía dous casos auténticos de ‘troque de parellas’ (…) O primero sucedera en Suecia. Dúas parellas de esposos, os Polsen e os Peterson, vivían en apartamentos contiguos nun mesmo edificio en Egresund, unha aldea cercana a Estocolmo. O señor Polsen e o señor Peterson eran amigos desde hacía moito tempo. As dúas familias vivían como se formaran un solo fogar. O día 29 […] os dous esposos intercambiaron mulleres. Ou, se se mira desde o punto de vista das esposas, as dúas mulleres intercambiaron maridos. As parellas divorciáronse e volveronse a casar ao mesmo tempo. A ningún dos catro lles preocupa o impacto da súa acción no resto do mundo. Ao parecer os catro lévanse millor ca nunca.”

Bernardo Barros (Brasil, 1980). Spill (2014) explora as nocións de limiar, aspecto e ameaza, despregadas na música como o atributo de diferentes fluxos de materiais, así como as súas distorsións e tendencias direccionais. Outra forma de describila sería unha observación de varias capas, que xorden e mergullan en distintos puntos, mentres derraman materiais entre si, todo articulado a través de procesos estatísticos.

Stefan Beyer (Alemaña, 1981). Estuda música, historia e composición en Leipzig e en Goteburgo (Suecia). Obtivo o posgrao en composición (Konzertexamen) en maio de 2011 (con distinción, por unanimidade). Mittel und ZewckeI – Boulevard (2014), traducido como Medios e fins ou Medio e fins, onde o substantivo alemán Mittel equivale tanto ao singular coma ao plural do galego medio, refírese á sintaxe da composición. Os materiais que conforman o son e a estrutura da peza colócanse en diferentes correlacións. Os seus parámetros, con todo, obteñen diferentes resultados musicais. Un bulevar é decote o resultado de menosprezar a fortificación dunha vila: ao perder o seu bastión, aparece un novo espazo libre, que historicamente se adoita empregar para a construción de rúas novas ou de estradas de circunvalación.

Sobre o relator e os colaboradores

Palacios
Fernando Palacios

Fernando Palacios (Castejón de Navarra, 1952). É profesor superior de pedagoxía musical polo Conservatorio Superior de Música de Madrid. A súa actividade diversifícase en campos ben diferentes: a composición, a interpretación, a música vocal, a pedagoxía, o jazz e o pop, o teatro e os medios de comunicación. A súa influencia sobre a divulgación e a educación musical en España é incalculable. Fernando Palacios é asiduo colaborador de Radio Nacional de España, onde dirixiu e presentou os programas Concierto Desconcierto, Música sobre la marcha (RNE e Radio Clásica), o espazo educativo Sonido y oído (2º premio de Radio Montecarlo-92, editado posteriormente por RNE) e, desde 2005, os programas Las cosas de Palacios e El oído atento. Foi director de Radio Clásica entre os anos 2008 e 2010. En Televisión Española presentou Tira de música, Galería de música e Caja de música.
http://fernandopalacios.es/

4+1 Piano Ensemble. Agrupación formada por catro pianistas do Conservatorio Superior de Música da Coruña, que nace en 2013 baixo a tutela do mestre Pablo Coello, coa intención de lle fornecer un novo punto de vista á relación actual entre o piano e a música moderna e contemporánea. O seu repertorio, que inclúe desde obras minimalistas do século XX ata estreas absolutas, levounos a participar en concertos e festivais como o Mihlsons de Lugo, o Espazo IXOR, no Museo de Belas Artes da Coruña, e as Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela. Este ensemble traballa xa como agrupación independente do CSM da Coruña polo seu interese musical e artístico, aberto sempre a novas propostas.
http://pianoensemble.wix.com/pianoensemble

Asociación RevelArte. RevelArte xorde a principios do 2014, creada por un grupo de artistas novos galegos coa idea de axudar os artistas da comunidade a realizaren e publicitaren os seus proxectos. Organízanse en grupos de traballo por disciplinas (música, artes escénicas, artes plásticas e literatura. http://www.revelarte.gal/

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!

You must be logged in to post a comment.