• Edicións:
14 xuño, 20:00 h. 
NORMAL Espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña
Paseo de Ronda, 47 - 15011 - A Coruña

El Gran Cabrón / VertixeVertixe Sonora Ensemble, plantexa un diálogo entre música escrita e música de creación espontánea… un exercicio de interpretación, improvisación e composición onde a partir de tres obras de referencia derivaremos os materiais de todo un concerto no que as propias composicións serán presentadas dun modo fragmentado, entrelazadas, deconstruídas e superpostas, ou mesmo achadas como illas nun oceano de continuo fluir improvisatorio, para nos situar nelas cunha mirada nova, para destilar a súa esencia e pola en contacto coa esencia nosa, creando un discurso sobre outro discurso xa creado, destruíndo unha forma para obter unha forma nova, unha forma nosa, na que convivan as experiencias da interpretación máis precisa con a capacidade de creación e reacción espontánea.

As obras sobre as que traballaremos son VIV (2005), da compositora coreana afincada en Suiza Junghae Lee, os Três Quadros sobre Pedra (2009) orixinal para percusión e música pregrabada do portugués Luis Antunes, e a máis recente El Gran Cabrón (2012), para saxofón barítono e computadora do emerxente compositor madrileño Germán Alonso.

A entrada é libre até completar a capacidade da sala.

VERTIXE SONORA ENSEMBLE
Pablo Coello, saxofón barítono / Diego Ventoso, percusión / Ángel Faraldo, computadora e difusión de son

Información na web de NORMAL