• Edicións:

MARTES 8 de outubro 2013 20:30 h.
Música e Arte: Correspondencias
Auditorio CGAC Santiago de Compostela

Ambiguo e Sublime
VERTIXE SONORA ENSEMBLE

Alireza Farhang (Irán, 1976) When I do count the clock that tells the time*
saxofón, percusións, piano e violonchelo

Santiago Díez Fischer (Arxentina, 1977) Un jardín primitivo*
trío amplificado para saxofón barítono, violonchelo e percusión n

Hugo Morales Murguía (México, 1979) Generador1*
4 músicos con instrumentos graves e xerador de pulso

Charles-Antoine Frèchette (Canadá, 1981) Toposition(s)#3*
saxofón, percusións, piano, violonchelo, 11 micrófonos e sonorizador

*Encarga de Vertixe Sonora. Estrea absoluta

VERTIXE SONORA ENSEMBLE
Pablo Coello saxofóns / Criptana Angulo violonchelo / David Durán piano / Diego Ventoso percusión / Ángel Faraldo electrónica e difusión de son


Con Ambiguo e Sublime finaliza o ciclo MÚSICA E ARTE. CORRESPONDENCIAS SONORAS 2013. Catro concertos no que nove compositores estableceron un diálogo persoal coas exposicións do CGAC, ademáis de compartir o seu pensamento nos encontros de composición organizados paralelamente ao ciclo. Para esta ocasión, Vertixe Sonora encomendou a os compositotres Alireza Farhang (Irán, 1976), Santiago Díez Fischer (Arxentina, 1977), Hugo Morales (México, 1979) e Charles-Antoine Frèchette (Canadá, 1981) establecer a correlación musical coa exposición GRAHAM GUSSIN: CLEARBLUESKYDEEPDARKWATER, explorando “a nosa percepción do tempo, do espazo e da escala como elemento de relación orgánica entre a obra o espectador e o lugar de exhibición”, “apropiándose de imaxes e narracións literarias extraídas da historia da arte” e revelando “unha particular interese polo sedimento estrutural da linguaxe (fílmica) máis que polas súas articulacións narrativas”.


AS OBRAS

When I do count the clock that tells the time
saxofón, percusións, piano e violonchelo

O título, revelador inmediato do propósito desta composición, é o primeiro verso dun poema de Shakespeare. No soneto número 12, o poeta utiliza a súa imaxinación para escribir sobre o paso do tempo, ás veces lento, outras rápido, poñendo fin a todo.
Para abordar musicalmente o desenvolvemento do tempo, foi analizada a estrutura rítmica da frase “When I”. Por un simple algoritmo os valores rítmicos desta frase foron modificados en sete etapas de xeito que ao final todos os valores fanse iguais a unha negra. Así esta pulsación regular representa o tempo do reloxo. É pola superposición e xustaposición destas sete capas rítmicas que o compositor fai confrontar o tempo percibido e o tempo cronolóxico do reloxo sen ter por elo a necesidade de recurrir ás aceleracións e deceleracións por cambio de tempi.
O despregamento harmónico e melódico da obra está baseado na aura creada polo saxofonista, cantando e tocando á vez no son do instrumento.

When I do count the clock that tells the time,
And see the brave day sunk in hideous night;
When I behold the violet past prime,
And sable curls, all silvered o’er with white;
When lofty trees I see barren of leaves,
Which erst from heat did canopy the herd,
And summer’s green all girded up in sheaves,
Borne on the bier with white and bristly beard,
Then of thy beauty do I question make,
That thou among the wastes of time must go,
Since sweets and beauties do themselves forsake
And die as fast as they see others grow;
And nothing ‘gainst Time’s scythe can make defense
Save breed to brave him when he takes thee

Un jardín primitivo
trío amplificado para saxofón barítono, violonchelo e percusión

Se algunha vez entrásemos á nosa memoria. Se algunha vez puidésemos entrar directamente ás orixes da nosa memoria, encontrariamos -quizais- unha especie de xardín primitivo onde comezan a florecer as experiencias da vida. Pequenas plantas, flores. árbores que serán cada vez máis selváticas a mediada que o noso camiño avanza.
Esa foi a idea desta obra, volver a aquel xardín do cal saíron os sons e os xestos que nutriron a miña música.
Non obstante, como toda viaxe, foi imposible desprenderse das miñas propias ideas… Entón, cual é o resultado dunha viaxe cara ao primordial dos nosos recordos pero coas experiencias xa vividas? ….

… No meu caso e na miña música é esta peza.

Santiago Tomás Díez Fischer

Generador1
4 músicos con instrumentos graves e xerador de pulso

Diferentes niveis de gradación sonora por medio da perseveranza mecánica e constante dunha soa figura. Dentro desta iteración series de tons resultantes, zonas estacionarias e oleaxes harmónicas xenéranse no espazo, resultando en mutacións sonoras que oscilan a través de diversos estados, formas e fluxos.

Hugo Morales

Toposition(s)#3
saxofón, percusións, piano, violonchelo, 11 micrófonos e sonorizador

Na serie de pezas Toposition(s), estou tratando de explorar as proporcións, estruturas e morfoloxías internas dos sons ambientais, unha vez encarnados e incorporados por os músicos. Esas exploracións leváronme a desenvolver un método teórico de composición que chamo «ecomimicry»[1]. Toposition(s)#3 baséase principalmente nos diferentes comportamentos das olas – lixeira borrasca, pequenas olas rompendo nas pedras, forte oleaxe-, pero tamén, nos sons das baleas – baleas xorobadas e belugas – e o interior resoante dun barco atrapado nunha tempestade. A pesar de que ás veces fanse eco ou se fusionan a sí mesmos, cada voz instrumental desenvólvese de forma independente desde un conxunto de restricións a outro, como diferentes fluxos superpostos – o que explica o título «to position(s)». Todas as pezas desta serie explotan una disposición non convencional e diferente no espazo – «topo» do grego «topoï»: lugar.

[1] De oïkos – gr. Hábitat – e mimèsis – gr. Imitación-

Charles-Antoine Trèchette


OS COMPOSITORES

Alireza Farhang. Irán, 1976
O seu primeiro contacto coa música foi da man do seu pai á idade de seis anos. Logo continuou os seus estudos de piano tutelado por Emmanuel Melikaslanian e Rafael Minaskanian. Despois de entrar na Universidade de Teherán, estudou composición con Alireza Mashayekhi e ensinou alí despois da gradación. En 2002, decidiu continuar os seus estudos en composición con Michel Merlet na École Normale de Musique de París, gañou a bolsa Albert Roussel e obtivo os Diplomas Superiores en Composición e Orquestración. Alireza completou os seus Estudos de Composición no Conservatorio de Estrasburgo (clase de Ivan Fedele). O seu doutoramento en musicoloxía na Universidade de Paris IV Sorbonne baixo a supervisión de Marc Battier e Tristan Murail co tema “a integración dos elementos musicais das culturas non occidentais na música baseada no timbre”. Tamén desenvolveu a ponencia Composición Musical e Tecnoloxías no marco dun novo Curso Europeo (ECMCT) desenvolvido conxuntamente polo IRCAM e a Technische Universität (TU), Universität der Künst (UDK) e a Hochschule für Musik Hanns Eisler de Berlín. Alireza tivo tamén a oportunidade de ampliar as súas experiencias musicais, traballando con compositores coma, Toshio Hosokawa, Olga Neuwirth, Gérard Pesson, Michael Jarrell e Yan Maresz. A música de Farhang presentouse en varios festivais como o Gaudeamus Muziekweek en Amsterdam, Festival de Música de Estrasburgo, Festival d’Automne à Paris, Festival Acanthes, Festival Inventionen en Berlín etc. por conxuntos como o Arditti String Quartet, o Nieuw Ensemble, Conxunto Alternancia, Conxunto Mosaik, Kronos Quartet, QNG e Klang Ensemble.

www.alirezafarhang.com

Santiago Díez Fischer. Arxentina, 1977
Graduouse en composición e dirección coral na UCA. Estudou composición con Jorge Sad en Arxentina e con Rebecca Saunders en Berlín, na cidade de París con François Bayle, Maresz Yan, Denis Dufour, Thierry Blondeau e Philippe Leroux.
En 2003 obtivo unha bolsa de investigación da composición na Universidade de Eichstät-Ingolstad, Alemaña, unha subvención para a creación artística na Fundación Fachos (2004), unha bolsa da Secretaría de Cultura da Nación (2004), unha residencia no Centro Atlántica das Artes, Estados Unidos. En 2006 a embaixada francesa en Arxentina outórgalle unha bolsa na “Cité Internationale des Arts“. En 2010 realiza o curso de composición no IRCAM. Seleccionárono para realizar a Akademie Schloss Solitude 2011. En 2012 o ensemble Dal Niente estreou a súa obra en Darmstadt.
Nestes últimos anos, foi finalista no concurso de composición SCRIME (Bordeaux, Francia). Recibiu mención no concurso do Festival Música Viva 2003 en Portugal, no 5º Concurso de Electroacústica (Arxentina), no TRIME 2004, no concurso Juan Carlos Paz, Bourges 2007, Miniaturas Electroacústicas 2007 e no Concurso de Composición de Bourges 2009. Tamén recibiu o primeiro premio no VIVA MUSICA 2005 e no Joan Guinjoan 2009 (España).
Gañou tamén o primeiro premio de Musica ficta que inclúe o encargo dunha obra para o ensemble Alternance en 2013.
A “Société Internationale pour la Musique Contemporaine” ha programado as súas pezas no Foro da “Creaction Musicale Jeune” de París (2003/2007/2011). As súas obras foron interpretadas por formacións como TM + no MUSIKHØST 2008 (Copenhaguen), o ensemble CAIRN, Ensemble L’imaginaire, etc. Encargáronselle varias pezas para os próximos anos: unha opera de cámara (ensemble leBalcon, Francia), octeto con mezzosoprano (ensemble soundiniciative, Francia), cuarteto (ensemble l’imaginaire, Francia), concerto para acordeón e ensemble (ensemble Reconsil, Austria).

www.santiagodiezfischer.com.ar

Hugo Morales Murguía. México, 1979
Compositor e artista sonoro, o seu traballo céntrase na creación e deseño de formas alternativas de xeración de son como parte fundamental do discurso musical; sexa a través de instrumentos tradicionais ou obxectos rudimentarios, o seu traballo se desenvolve entre a exploración técnica, a notación, a modificación física, e o uso de tecnoloxías diversas.
Licenciado en composición polo Centro de Investigación e Estudos Musicais na Cidade de México, Mestre en Composición e Sonoloxía polo Real Conservatorio da Haia e do Instituto de Sonoloxía en Holanda, e Doutor en Composición polo Centro para a Práctica da Música Contemporánea da Universidade Brunel en Londres.
O seu traballo foi premiado por institucións e festivais como o Consejo de la Música en México 2003, International Gaudeamus Music Week Amsterdam 2008, International Jurgenson Competition Moscova 2007, SPNM Shortlist Reino Unido 2008 -11 e Foro de Música Nueva Cidade de México 2010.
Recibiu encargas e foi interpretado por músicos e ensembles como o Arditti Quartet (UK), L’Ensemble Intercontemporain (FR), Cuarteto Latinoamericano (MX), Ensemble Klang (NL), Juan Martínez (MX), CHROMA Ensemble (UK), Smash Ensemble (ES), Exaudi Vocal Ensemble (UK), Brooomm Ensemble (NL), IKTUS Percussion Quartet (EUA), Sarah Nicolls (UK), POW Ensemble (NL), Electronic Hammer (NL), Trio Gáman (DK), José García (MX), Pontus Langendorf (SE), Studio for New Music Ensemble (UK), Milana Zaric (RS), Goska Isphording (PL), Vortex Ensemble (CH), Yu-Wen Hung (TW), London Contemporary Orchestra (UK), Ensemble MAE (NL) Ensemble Modelo62 (NL), Talea Ensemble (EUA), Sonolab (NL), e Champ d’Accion (BE).
Reside en Holanda como compositor e investigador.

www.hugomorales.org

Charles-Antoine Frèchette. Canadá, 1981
Estudou piano na Escola Vincent D’Indy con Claude Labelle, profesora da Universidade de Montréal, e recibiu o seu máster en composición do Conservatorio de Musica do Québec en Montréal, estudando con Michel Gonneville. Está actualmente rematando o doutoramento en composición na Universidade McGill baixo a supervisión de Philippe Leroux.
Gañador do primeiro premio na categoría solo de piano do Concurso Nacional para Novos Compositores da CBC/Radio e cinco premios da SOCAN Fundación para Novos Compositores. Recibiu doazóns e comisións do CAC, CALQ e CIRMMT. Tamén recibiu unha bolsa de investigación, o FQRSC, polos seus estudos de doutoramento. As súas obrar foron interpretadas polo Toronto’s New Music Concerts, ECM +, Lorraine Vaillancourt (Academia Internacional NIN 2011), o Cuarteto Diotima (Acanthes 2010), McGill Percussion Ensemble, Ensemble Chorum , Sylvio Gualda (Orquesta Nacional Lorraine en Acanthes 2005), Ensemble de Música Contemporánea de Moscova (Academia Internacional 2012), Distractfold Ensemble e moitos outros.
É membro fundador do Chorum Ensemble, sendo o seu director artístico entre 2006 e 2012.
Foi becado polo Canada Art Council para traballar e ensaiar a súa peza con Vertixe Sonora Ensemble.

https://soundcloud.com/charles-antoine-fr-chette


PRÓXIMO CONCERTO: Martes 22 de Outubro