• Edicións:
MARTES 16 DE DECEMBRO 2014
Música e Arte: Correspondencias Sonoras
Auditorio CGAC Santiago de Compostela

20:30 h.
Concerto de VERTIXE SONORA

A MARXE DA REALIDADE
PROGRAMA
Michelle Lou Cactus*(2014) saxofón, guitarra eléctrica, piano
Lorenzo TroianiCratere (2014) guitarra eléctrica
Andrés Nuño de Buen Nudo (2014) acordeón e cinta
Santiago QuintánsBrushes* (2014) saxofón e guitarra eléctrica
Stefan BeyerMittel und Zwecke (Boulevard)** (2014) saxofón, acordeón, contrabaixo, guitarra eléctrica, piano e percusión

* Estrea absoluta. Encarga de Vertixe Sonora Ensemble
** Estrea absoluta. Encarga de Vertixe Sonora Ensemble financiada pola Fundación Ernst von Siemens

VERTIXE SONORA
Pablo Coello saxofón / Celia Adrián acordeón / Carlos Méndez contrabaixo / Rubén Barros guitarra eléctrica / David Durán piano / Diego Ventoso percusión // Dirección Musical Pablo Coello / Dirección Artística Ramón Souto


…é verdade que en Carlos León descubrimos unha (…) capacidade para traballar a marxe da realidade. De ahí que desdibuxe e reconstruia os límites da forma. Carlos León trasviste o sentido da realidade para que a leamos coma metáfora, coma declamación. É en definitiva un eloxio do efémero, unha beleza que se precipita ao vacío…”(David Barro, Unha poética do fráxil)

A xeometría fascíname. En parte porque parece conter a linguaxe cifrada da arquitectura do universo. Tamén polo que adoito chamar a súa vertente escura, a súa dimensión pitagórica, a súa mística.” “A ferralla é unha escritura, a parte lexible dunha linguaxe complexa. E diríase que a función do artista que se serve dela para construír as súas obras é, en primeiro lugar, a de inscribir esa linguaxe no discurso xeral das ideas, a de fundila no máis específico da reflexión estética, e situala no territorio da produción artística circundante” (Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre. Carlos León. Apolo e Dioniso fan quendas en Delfos)



AS OBRAS

Cactus
O crítico de arte David Barro, no ensaio “Unha poética do fráxil “, escribe que a obra de León é” …algo así coma un anhelo, coma un suspiro a punto de desvanecerse pero que a pintura conxela…” Tomo como punto de partida as pinturas en negro e gris tituladas “El topiario de Perséfone (versión negra) III e IV” de 1999. Barro escribe: “As súas pinturas negras de finais dos noventa funcionan como un primeiro plano da axitación dun Turner, coma un momento cargado de pesadume que cercano ao final servirá, finalmente, para partir hacia outra parte.” Para mín, a obra de León vibra con unha especie de tensión superficial: arremolínase e móvese cunha inconcebible profundidade que supera a materialidade do cadro extendéndose máis alá das catro esquinas.
As imaxes parecen estar expandéndose e contraéndose, co sentido de que hai algo máis aló da imaxe que un non pode ver, pero podemos sentir a súa presencia. As pinturas son táctiles para os ollos. A súa obra está chea de fricción, interferencia e 
clusters. A miña exploración sonora da súa obra utiliza unha restrinxida colección de materiais: sons percusivos, lixeiramente perceptibles na súa altura , e notas largas. Cómo interactúan revelando algo máis que a súa materialidade?
As diferenzas tímbricas entre as voces e cómo deben ser interpretadas, os niveis de sons con altura definida ou non definida crean unha marxe de textura que vai do duro e conciso, ao difuso e granular. As alturas interactúan entre sí con graos de cohesión e interferencia, creando varios patróns de pulsación que se moven e xiran ao redor da sala e nos ouvidos internos. Isto altera a percepción do espazo e a forma na que poden moverse, dilatarse e contraerse, con independencia da sala nese momento. As vibracións na miña obra compórtanse de maneira similar á de León neste sentido.
Lou Michelle

Cratere
Escrita no 2014 para Vertixe Sonora Ensemble, é a visión dunha fenda no chan, das profundidades, dun lugar aillado, coma un útero. As cordas coma tendóns afróxanse e ténsanse deformando o son e perdendo a súa natureza metálica a través dun fluxo continuo de ondas e de capas (“gaseoso”, “líquido”, “sólido”). Ao longo da composición asume un papel central apalanca de vibrato,que permite, precisamente, a deformación das cordas, e por tanto, do son.
Lorenzo Troiani

Nudo
Nodo, pertence a aunha serie de pequenos interludios, nos que acordeón e cinta deseñan un novo elemento de natureza homoxénea, onde o instrumento, a fonte sonora acústica, funciona coma un ‘color’ armónico ou coloreador, creando unha nova xeometría sonora.

Brushes
O seu título en inglés, que pode sinificar pincel, brocha ou escobillas de percusión, refírese ao universo da pintura, do que está inspirada. A peza está construida coma un gran lienzo no que procesos entrelazados lávannos desde o principio dun trazo (frote coa materia, esbozo, xesto rápido), ata a xestación de formas e a emerxencia de cores e texturas. Ás veces, guitarra e saxofón forman unha mesma ferramenta: xesto rápido de pincel ou carboncillo; outras sepáranse para ser pincel e lienzo, ou brocha e cor.
A música está dividida en 3 movimentos (A, B, C) e unha coda, que deben enlazarse sen pausa. Cada movimento fluctúa entre dous procesos, cada un con tempo e materiais distintos (B e C están divididos en dúas partes, onde se invierte a orden rápido-lento). Estes procesos vanse entrecruzando e modificando mutuamente, creando un “lienzo” global que vai desde trazos ruidosos ata texturas armónicas.
Santiago Quintáns

Mittel und Zwecke (Boulevard)
Traducido como “medios e fins”, onde a palabra “medios” – ao igual que o respectivo término alemán – implica tanto o singular como o plural sustantivo. O título refírese á sintase da composición. Materiais no son e a estrutura poñense en diferentes correlacións. Os seus parámetros, sin embargo, obteñen diferentes resultados musicais. / Un bulevar a menudo é o resultado de menospreciar a fortificación dun pobo: Ao perder o seu bastión, aparece un novo espazo libre, que históricamente a menudo utilízanse para a construcción de novas rúas ou estradas de circunvalación. Esta composición foi pensada para durar ao redor de 35 minutos. Acadou finalmente 20 longos minutos de duración. A partitura foi “despreciada”, por así decilo, perdendo así a súa primeira ‘fortificación formal “, aínda que gañando a súa específica estructura formal actual e apariencia material. / En térmos de cromatismo e textura, podría imaxinar a obra de Carlos Léon corresponder estreitamente con esta música.


OS COMPOSITORES

Michelle Lou. Estados Unidos, 1975.
Baixista e compositora, a súa música foi presentada por ensembles coma o Cuarteto Arditti, Ensemble Ascolta, Ensemble SurPlus, Argento Chamber Ensemble, sfsound, Earplay, San Francisco Contemporary Music Players, Talea Ensemble e JACK Quartet. O seu traballo presentouse en eventos como o Donaueschinger Musiktage, Wien Modern, Festival MATA, Academia de Verano Schloss Solitude,   Darmstadt Ferienkurse e no Festival for New American Music. Estudou con Chaya Czernowin, Brian Ferneyhough e Steven Kazuo Takasugi. Michelle tene tanto un B.A. en Interpretación/Composición e un Master en Composición pola Universidade de California, San Diego e un DMA en Composición pola Universidade de Stanford. Estudou tamén no Conservatorio de Música de Piacenza, Italia e na University for Music and Performing Arts de Graz, Austria cunha beca Fulbright.
Foi seleccionada polo JACK Quarte co primeiro posto na final do concurso de composición no 2012, e recibiu a beca Radcliffe de Harvard no 2013-14
Coma intérprete, estivo involucrada en moitos contextos, desde participar en orquestras e grupos de cámara de música clásica e contemporánea ata interpretando salsa, latin jazz e improvisación libre. Ten traballado con Graeme Jennings, sfsound, Doug Beavers, Arneis Quartet, Talea Ensemble e Hotel Elefant entre outros, actuando no Beijing Modern Music Festival, MATA Festival, o Qubit Noise Non-ference e mikrofest en Berlín. Entre os seus mestres, Bert Turetzky, Mark Dresser, Leonardo Colonna e Bruce Moyer no contrabaixo e con John Dornenburg na viola da gamba.
www.michellelou.com

Lorenzo Troiani. Italia, 1989
Estuda composición con Rosario Mirigliano e Salvatore Sciarrino. Ten seguido cursos, seminarios e master classes con músicos e compositores que lle axudaron a atopar unha personal vía de pensamento: B. Furrer, S. Sciarrino, M. Andre, P. Billone, D. Przybylski, M. Trojahn, P. Manoury, A. Solbiati, J.M. Lopez Lopez, F. Filidei e S. Gervasoni.
Premiado en numerosos concursos internacionais (Alemania, Italia, China, Escocia, Lituania, etc.) incluíndo: Concurso Goffredo Petrassi (2010), Concurso Oliviero Fusi (2011), Concurso G.E.R.M.I. (2011), 8th Chengdu China “Sun River Prize” (2012), “Wär ich ein Ton” Jean Paul 2013 e.V. (2012-13), Joan Guinjoan (2013). A súas obras foron interpretadas por formacións de prestixio internacional como Neue vocalsolisten, Curious Chamber Players, L’Arsenale ensemble, Quartetto Prometeo, Divertimento ensemble, PMCE ensemble, IzM ensemble e en diferentes partes do mundo (Italia, Alemaña, Austria, Inglaterra, Irlanda, Escocia, Chipre, Lituania, Estonia, Canada).
A súa música está profundamente marcada por influencias extramusicais como a poesía de Paul Celan e Friedrich Hölderlin, os escritos e obras de Paul Klee, a filosofía de Jacques Derrida e Martin Heidegger. Inscrito na Facultade de Filosofía asiste a cursos, seminarios e clases magistrais con Giacomo Marramao, Roberto Finelli, Elio Matassi, Simona Gasparetti Landolfi, Riccardo Chiaradonna e outros.
Licenciouse en Filosofía no curso 2009/2010 cunha tese sobre a relación estético-ontolóxica en Paul Klee. Estase especializando no desenvolvimento do pensamento ontolóxico despois de Nietzsche, especialmente en relación aos pensadores presocráticos.
soundcloud.com/lorenzo-troiani

Andres Nuño de Buen. México, 1988
Licenciado en composición con Wolfgang Rihm na Hochschule für Musik de Karlsruhe, Alemania formouse tamén con Alejandro Romero e José Luis Castillo na Escuela Superior de Música del Instituto Nacional de Bellas Artes, México (2008-2011), así como nos Cursos Internacionais da Nova Música en Darmstadt (2010, 2012) e na academia “matrix13” do Estudio Experimental do SWR en Friburgo, Alemania (2013).
http://andresnunodebuen.flavors.me

Santiago Quintáns.Vigo, 1975
Instálase nos Estados Unidos en 1995. Alí estuda guitarra Jazz e composicion na Universidade de Miami e comeza unha carreira internacional acompañando a Kenny Wheeler e Maria Schneider, entre outros. A súa interese pola músic moderna impúlsale a viaxar Paris en 2003 onde participa como compositor e intérprete en estreas de contemporanea (“Seven” de Peter Eötvös, co director Mark Foster). Desde 2006 realiza un traballo de investigacion sobre a guitarra électrica ampliamente divulgado en conferencias e artículos para revistas de musicoloxía (Appareil, JIM, Espacio Sonoro). Plenamente integrado na paisaxe musical francesa, o Conservatorio de Le Mans invítalle a dirixir o seu programa de Jazz e Musicas improvisadas en 2008. Actualmente dirixe varios proxectos (collectivo ARK, TipTrick Extended, Manifesto) nos que participan musicos como Matthieu Donarier ou Stéphane Kerecki e é guitarista do Ensemble Offrandes. En 2015 estrenará unha nova peza/performance para orquestra de guitarras eléctricas no Festival Europa d’Jazz de Le Mans.
Explorando as fronteiras entre composicion, improvisacion e musica experimental, Santiago Quintans investiga as posibilidades da música moderna cunha mirada curiosa e inquieta. Fiel á guitarra electrica (proxecto ARK, para guitarra e Max/MSP), pero cunha vision precisa de compositor, Santiago sintetiza tradicion e modernidade en arriscados procectos nos que non faltan nen sensualidade nen enerxía. As súas composicións para grupos de música contemporanea (Densité 93, Offrandes), compañias de danza (Babel) ou grupos de Jazz, suxiren unha nova experiencia do fenómeno sonoro: a música como escultura en movimento, a escoita como xesto tactil e o espazo sonoro como zona de xogos aberta á improvisacion.
www.babelscores.com/es/santiagoquintans

Stefan Beyer. Alemaña, 1981
Estuda música, historia e composición en Leipzig e Gotemburgo (Suecia). Asistiu á Universidade de Leipzig, así como á Felix Mendelssohn Bartholdy Universidad de Música de Leipzig, estudando composición con Claus-Steffen Mahnkopf en 2006-2011. Obtén o postgrado en composición (Konzertexamen), en mayo de 2011 (con distinción por unaminidade).
A música de Beyer foi interpretada polo Ensemble Modern, Sinfonietta de Luxemburgo, MAM. Manufaktur für Musik Aktuelle (Frankfurt, Alemania), MDR Radio Percussion Quartet (Leipzig), Orquestra Filarmónica de Altenburg-Gera, Ensemble Musik & Gegenwart, Leipzig Radio Symphonic Wind Orchestra., en festivais como o Donaueschinger Music Festival Next Generation Program, así como no Darmstädter Ferienkurse für Neue Musik
Foi becado pola Alice and Harry Eiler Foundation (EE.UU.) en 2014, la Fundación para la Cultura del Estado de Sajonia (Alemania) en 2012, la German National Academic Foundation (Studienstiftung des deutschen Volkes) en 2010-2011, la Fundación Konrad Adenauer de Berlín (Demás Heiliger Fonds) en 2008, e nos Cursos de Verano de Darmstadt en 2008.
Vive en Berlín, escribe artículos de análise de música contemporánea para a revista Musik & Ästhetik, e traballou como profesor de orquestación na Universidade de Música de Leipzig (Alemania) 2011-2013. O seu doutoredo en musicología investiga sobre a obra orquestral Lulu de Alban Berg.
http://www.stefanbeyer.com


PROGRAMA PREVIO

19.30 h
CARLOS LEÓN. A ORDE DAS PRIMEIRAS COUSAS
Visita á exposición do CGAC
con Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre, comisarios da exposición que Vertixe Sonora toma como referencia para un novo concerto na procura de puntos de encontro entre música e arte.

20.00 h
CAUSAL
Conversa con Ramón Souto
– director artístico de Vertixe Sonora – e cos compositores Stefan Beyer, Michelle Lou e Santiago Quintáns, que falarán da súa música e das súas novas obras para o ciclo Música e Arte.

A ENTRADA A TODAS AS ACTIVIDADES É DE BALDE


cgac