Galego Español English

Presentación

Na súa quinta edición, o Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea Vertixe Sonora 2017 amplía o seu radio de acción incorporando novos espazos de relevancia acústica ou arquitectónica nas cidades de Vigo e Pontevedra. Cunha marcada identidade artística que aposta pola produción local de coñecemento, o diálogo internacional e o fortalecemento da súa dimensión educativa, […]

Entrada gratuíta ate completar aforo.

Domingo 1 de outubro 18:30 h.
MUSEO VERBUM , Vigo

THE FLICKERING SOUND OF THE SIGNIFIER

Vertixe Sonora

“Pasar da desorde á orde pode resultar interesante, pero ir desde a desorde a unha desorde aínda maior interésame aínda máis.” Así describe o activista, artista visual, improvisador e compositor Dror Feiler (Israel, 1951), a súa estrea en España O trémulo son do significante na que desprega con descomunal enerxía, unha adrenalítica descarga de ruído […]

Sábado 14 de outubro 20:30 h.
TEATRO PRINCIPAL , Pontevedra

E-PIANO_video&electronics

Alberto Rosado

O uso da electrónica fai as veces como a orquestra do século XIX en relación ao piano. A electrónica amplifica o son do instrumento; transfórmao,  manteno, envólveo. Fai do piano un instrumento moito máis “flexible”. De feito, sons como os harmónicos poden descompoñerse ou poden poñerse nun primeiro plano, resonancias que antes só podían escoitar […]

Xoves 19 de outubro 19:00 h.
NEMONON , Pontevedra

PHILAE

Ensemble Sillages

O Ensemble Sillages de Brest realizará na súa exclusiva estadía en España dous únicos concertos que dan conta da versatilidade dunha das primeiras formacións francesas. No primeiro deles presentarán a obra para violín só de Alain Gaussin Philae, na que este homenaxea a un robot diminuto na inmensidade do espazo –a sonda espacial do mesmo […]

Venres 20 de outubro 20.30 h.
SALA DE EXPOSICIÓNS DO PAZO DA CULTURA , Pontevedra

A BATALLA DE DON CARNAL E DONA CORESMA

Ensemble Sillages

Neste segundo concerto Sillages ofrecerá unha exquisita velada de música de cámara. Na famosa pintura de Pieter Bruegel, que representa unha loita de contrarios -cuxo equivalente literario podería ser o combate entre Coresmaxestante e o Exército das Morcillas do Cuarto Libro de François Rabelais- inspírase Mauro Lanza (Venecia, 1975) para compoñer esta obra para cello […]

Domingo 22 de outubro 20:30 h.
SALA DE EXPOSICIÓNS DO PAZO DA CULTURA , Pontevedra

DIE WANDERUNG

Vertixe Sonora

Die Wanderung, 2016-17 para 5 instrumentos e electrónica (Kompositionsstipendium 2015 polo Departamento de Cultura da cidade de Berlín) é un ciclo de seis pezas nas que se explora o espazo como un compoñente, un parámetro máis do material sonoro. Nas tres primeiras pezas (os sós de acordeón, saxofón tenor e chelo, con electrónica en vivo) […]

Mércores 25 de outubro 20:00 h.
MARCO, , Vigo

VÉRTICES HÁPTICOS

Roberto Alonso e Tychonas Michailidis

Cal é a orixe do son? Podemos rastrexar os seus vértices? O intérprete respondería: “o son emerxe do movemento, está ligado á dimensión xestual, háptica ou táctil…”. Pero esta dimensión, definida por unha causalidade poiética (que convirte o non-ser en ser, segundo Platón), permanece oculta cando nos abandonamos ao acto de escoita, desde unha perspectiva […]

Venres 3 de novembro 19:30 h.
MARCO , Vigo

DOLL GARDEN

Defunensemble

Defunensemble é un conxunto electroacústico de Finlandia. A súa misión é programar pezas nas que os medios electrónicos estean involucrados no espectáculo. Xa sexa un parche de max ou pd, sintetizador, guitarra eléctrica ou calquera outro dispositivo electrónico que o compositor dispuxese na instrumentación. Estes dous concertos en Vigo e Pontevedra dan unha idea completa […]

Sábado 4 de novembro 19:30 h.
SEXTO EDIFICIO MUSEO DE PONTEVEDRA , Pontevedra

AMYGDALA

Defunenensemble

Neste, o seu segundo concerto en Galicia, defunensemble dá conta da súa versatilidade como conxunto, así como do virtuosismo dos solistas e técnicos de son do ensemble a través dun programa baseado na realización de sólos e dúos con electrónica. PERTTU HAAPANEN. Amygdala para clarinete e electrónica ASTA HYVÄRINEN. Straight curve para violonchelo, arpa, electrónica […]

Sábado 11 de novembro 20:00 h
MARCO , Vigo

DOCTRINA SCHOLASTICA NOCET AD INTELLIGENTIAM SANCTARUM SCRIPTURARUM

Sisco Aparici

Celebración XV aniversario do MARCO Do mesmo xeito que os fragmentos dunha vasilla, para facelos calzar, débense seguir o un ao outro ata nos máis mínimos detalles, pero non teñen necesidade de asemellarse entre si, así, no canto de asemellarse ao sentido do orixinal, a tradución debe máis ben, amorosamente e en detalle, na súa […]

Sábado 18 de novembro 19:30 h.
SEXTO EDIFICIO MUSEO DE PONTEVEDRA , Pontevedra

MÚSICA (IN)VISIBLE

Ensemble TaG

A música ten un impacto moi forte na percepción visual como ben pode apreciarse, por exemplo, nas bandas sonoras das películas. Tamén o aspecto visual dun recital ten unha significativa influencia na percepción da música. O sentido visual é preponderante e está hoxe máis que nunca desenvolvido, polo que non é sorprendente que podamos afirmar […]

Sábado 25 de novembro 20:00 h.
MARCO , Vigo

LIMIAR DO ABISMO

Adam Starkie collective LVMSC

Música para a fin dos tempos para clarinetista solo “Acaso el ocaso nos haga caso y entonces habréis comprendido los signos de la noche. Habréis comprendido los inventos del silencio. La mirada del sueño. El umbral del abismo”. Vicente Huidobro No Cuarteto para o fin dos tempos, obra seminal de Messiaen, a vida e o […]