Galego Español English

MÚSICA E ARTE: CORRESPONDENCIAS SONORAS 2018

Mar 20, 2018 by     No Comments    Posted under: Actividades, Concertos, Conferencias

 

MÚSICA E ARTE: CORRESPONDENCIAS SONORAS 2018

 

A celebración do Día Internacional dos Museos (DIM) serve unha vez máis como punto de partida do ciclo Música e arte. Correspondencias sonoras, un encontro entre a música e a arte do noso tempo no que teñen cabida todas as expresións creativas actuais co obxectivo de dar a coñecer as estéticas máis avanzadas, os compositores máis destacados do novo panorama musical e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música.

A identidade do ciclo constitúea a creación musical xerada a partir das exposicións do CGAC e esta nova edición incorpora actividades didácticas coa realización de ensaios xerais abertos a escolares e actividades específicas para estudantes de música, xunto aos habituais ensaios abertos ao público e as conversas cos compositores.

Neste percorrido de oitenta estreas absolutas comisariadas por Vertixe Sonora ata o momento, a edición do 2018 inclúe trece novas obras de compositores procedentes de Alemaña, Arxentina, Canadá, Colombia, España, Estados Unidos, Israel, Italia, México e Rusia.

O ciclo iniciase co magnetismo dun concerto que utiliza elementos teatrais e visuais a través das obras de Teresa Treccozzi (Italia, 1981) e Giovanni Santini (Italia, 1986).

O palacio das tres historias, do artista Carlos Garaicoa, a súa contemplación “das cidades, da arquitectura e dos soños subxacentes”, servirá de inspiración para os compositores Hache Costa (España, 1980), Leonardo Idrobo (Colombia, 1977), Valentín Pelisch (Arxentina, 1983) e Jacques Zafra (México, 1986), incluídos no segundo concerto.

As relacións das series de conceptos memoria/historia/pasado e paisaxe/lugar/xeografías, presentes na exposición Xeografía do tempo dos artistas Bleda y Rosa, son os referencias das composicións de Victoria Cheah (Estados Unidos, 1988), Ben Davis (Estados Unidos, 1992), Marta Gentilucci (Italia, 1973) e Or Shemesh (Israel/Alemaña, 1981), que serán estreadas no terceiro concerto.

PROGRAMA

15 DE MAIO

Celebración do Día Internacional dos Museos (DIM)

12:00-13:00 h Concerto didáctico para centros escolares

19:30-20:00 h Conversa cos compositores

20:00-20:15 h Presentación co alumnado dos conservatorios e escolas de música

20:30 h CONCERTO MAGNETISMO

Teresa Treccozzi (Italia, 1981) Sonata magnética (2014) saxofón, guitarra eléctrica, piano, percusión, obxectos

Giovanni Santini (Italia, 1986) Your Body… Your Voice* (2016) piano, 3 intérpretes, 24 imáns de canto de cascabel

____________________________________________________________________________________________

19 DE XUÑO

12:00-13:00 h Concerto didáctico para centros escolares Conversa cos compositores

19:30-20:15 h Conversa cos compositores

20:00-20:15 h Presentación co alumnado dos conservatorios e escolas de música

20:30 h CONCERTO O PALACIO DAS TRES HISTORIAS

Leonardo Idrobo1 (Colombia, 1977) Nova obra** (2018) saxofón, violonchelo, piano, percusión, electrónica

Hachè Costa (España, 1980) Nova obra** (2018) saxofón, violonchelo, piano, percusión, electrónica

Valentín Pelisch (Arxentina, 1983) Nova obra** (2018) saxofón, violonchelo, piano, percusión

Jacques Zafra (México, 1986) Nova obra** (2018) saxofón, violonchelo, piano, electrónica

1Co apoi de Pro Helvetia
____________________________________________________________________________________________

30 DE OUTUBRO

12:00-13:00 h Concerto didáctico para centros escolares

19:30-20:15 h Conversa cos compositores

20:00-20:15 h Presentación co alumnado dos conservatorios e escolas de música

20:30 h CONCERTO XEOGRAFÍA DO TEMPO

Victoria Cheah (Estados Unidos, 1988) Nova obra** (2018) frauta, saxofón, piano, percusión
Marta Gentilucci (Italia, 1973) Nova obra** (2018) frauta, saxofón, violín, viola, violonchelo, piano, percusión
Ben Davis (Estados Unidos, 1992) Nova obra** (2018) frauta, saxofón, cuarteto de corda, piano, percusión
Or Shemesh (Israel/Alemaña, 1981) Nova obra** (2018) frauta, saxofón, cuarteto de corda, piano, percusión
____________________________________________________________________________________________

18 DE DECEMBRO

12:00-13:00 h Concerto didáctico para centros escolares

19:30-20:15 h Conversa cos compositores

20:00-20:15 h Presentación co alumnado dos conservatorios e escolas de música

20:30 h CONCERTO JULIÃO SARMENTO

Lesley Hinger (Canadá, 1983) Nova obra** (2018) frauta, saxofón, violín, violonchelo, piano, percusión

Christian Märkl (Alemaña, 1979) Nova obra** (2018) frauta, saxofón, violín, violonchelo, electrónica

Dariya Maminova (Rusia, 1988) Nova obra** (2018)

frauta, saxofón, violín, violonchelo, guitarra eléctrica, piano, percusión, electrónica

Daniel James Miller (Estados Unidos, 1989) Nova obra** (2018)

frauta, saxofón, violín, violonchelo, guitarra eléctrica, piano, percusión, electrónica

*Estrea absoluta / **Estrea absoluta. Encomenda de Vertixe Sonora

____________________________________________________________________________________________

ENSAIOS ABERTOS COS COMPOSITORES

O PALACIO DAS TRES HISTORIAS. 17 de xuño de 12:00 a 14:00 h

XEOGRAFÍA DO TEMPO. 7 de outubro de 12:00 a 14:00 h

JULIÃO SARMENTO. 16 de decembro de 12:00 a 14:00 h

VERTIXE SONORA: Clara Saleiro frauta / Pablo Coello saxofón / Roberto Alonso e Mario Peris violín / Lorena García viola / Thomas Piel violonchelo / Rubén Barros guitarra eléctrica / David Durán piano / Diego Ventoso percusión / Ángel Faraldo e Juanma Lodo electrónica e difusión multimedia // Pablo Coello dirección musical / Ramón Souto dirección artística.

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!

You must be logged in to post a comment.